23
- Este cambio afectará o persoal de ambos os centros
A Comisión de Centro de Especializada de Santiago concentrarase este xoves, ás 12:00 horas enfronte ao hospital Gil Casares, para protestar pola reestruturación que conleva o cambio da unidade de Coidados Paliativos desde o hospital Gil Casares para Conxo.
Trátase da primeira protesta desde que se formou a nova Xunta de Persoal. Desde o sindicato denuncian que este cambio afectará a persoal de ambos os hospitais, xa que moitos terán que ser reatribuídos, así como á perda de camas.
A xerente de Xestión Integrada de Santiago anunciou que a unidade de Coidados Paliativos ocupará a planta na que se localizaba o servizo de Pneumoloxía no Provincial de Conxo.