Varias confluencias fixeron deste domingo un gran día deportivo, participativo e solidario na capital de Bergantiños. Uns trescentos ciclistas déronse cita na praza do Concello ás nove da mañá para participar nun roteiro de 45 quilómetros. Acto seguido cento setenta persoas participaron nun roteiro de 14 quilómetros pola costa, con participantes de persoas de distintas comarcas. Dúas horas máis tarde tivo lugar unha sesión de zumba como prequecemento dun roteiro solidario coordinado pola Asociación Española Contra o Cancro de Bergantiños, un percorrido de cinco quilómetros coa asistencia dunhas duascentas persoas.
Saída da ruta ciclista.Prequecemento de andaina cunha sesión de zumba.Saída da andaina solidaria contra o Cancro.