As obras consistirán na pavimentación e mellora de numerosas estradas, camiños e pistas municipais e na instalación de novas infraestruturas de suministro de auga suman un importante investimento de 1.058.370 euros, entre os que destaca o abastecemento de auga á parroquia de Castriz, cun orzamento de 370.506 euros, que dotará de traída aos núcleos de O Hospital, Escanande, Casanova, Castriz, A Choupana, Lugar de Riba, Os Travesos, O Outeiro e Boaña, que actualmente non disponen deste servizo e contan cunha poboación cercana aos 450 veciños.
Os restantes fondos destinaranse a obras de pavimentación e mellora de estradas e camiños en San Xoán de Grixoa, Truebe e Pereira, Sabaceda, San Pedro, Lugar de Ser, Fafia-Bustelo, Almozara, Vilar de Arriba, Bazar e Turnes e Pereiriña.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou a importancia do Plan Único para os concellos da provincia, especialmente para os máis pequenos, con menos recursos técnicos e económicos.
“O Plan Único permite que concellos coma Santa Comba perciban unha inxección económica sen precedentes, neste caso superior ao millón de euros, o que lle vai a permitir renovar numerosas infraestruturas e mellorar a calidade de vida dos seus veciños”, afirmou o presidente provincial.
González Formoso lembrou que o Plan Único permite que sexan os propios concellos, os que mellor coñecen as necesidades dos seus veciños, os que decidan cales son os investimentos que queren acometer con cargo a este plan provincial, un dos máis importantes de España e o máis ambicioso das catro deputacións galegas.
As empresas interesadas en participar na licitación das obras poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 10 de decembro.