O incendio declarouse nunha palleira da aldea da Cabreira, ao lugar acudiron os bombeiros que teñen a base na localidade e persoal de Protección Civil. É un alpendre dunha explotación gandeira en que había maquinaria, moita herba seca e animais nunha dependencia anexa.
As perdas son grandes, pero só hai que lamentar danos materiais. A construción quedou moi danada. Ardeu unha gran cantidade de herba seca, unha máquina cargadora e un par de tractores. Aínda non está claro como se orixinou o incendio. No pendello non había instalación eléctrica e o máis probable é que empezase nun dos tractores, porque é onde a estrutura está máis afectada.
A gran cantidade de palla que había no alpendre dificultou a intervención dos bombeiros e dos membros de Protección Civil, que ante a dificultade para apagala, optaron por estendela nunha leira próxima.