Un incendio deixa importantes danos nunha casa en Culleredo

0 minutes read

Un incendio declarado a pasada noite nunha casa en Culleredo provocou danos no interior da vivenda, sen que se rexistrasen danos persoais. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ardeu parte da planta baixa e do andar superior, así como varias estancias da casa.

O incidente sucedeu no lugar de Barrio, na parroquia de Sueiro, ao fío das 00:45 horas, aínda que non foi ata as 3:00 horas da madrugada cando os Bombeiros de Arteixo e Betanzos lograron extinguilo por completo.