Unha muller resulta ferida despois de caer co seu vehículo por un desnivel en Negreira

1 minutes read
  • O accidente tivo lugar no Couso de Arriba e a vítima foi rescatada polos Bombeiros de Santa Comba

Unha muller resultou ferida na noite deste pasado venres despois de precipitarse co seu vehículo por un desnivel cando circulaba á altura do lugar de Couso de Arriba, no concello coruñés de Negreira.

Todo ocorreu ao fío das 23:00 horas da noite pasada cando, a esa hora, un familiar da muller alertaba ao 112 Galicia do incidente, manifestando que a vítima non podía saír do turismo. Finalmente os Bombeiros de Santa Comba lograron rescatar á ferida que posteriormente foi trasladada ao centro hospitalario de referencia polo 061.

No operativo tamén participaron membros do GES de Brión, axentes de Tráfico e da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.