Aconsellan desinfectar o móbil e as lentes ao chegar á casa

1 minutes read

Sanidade recomenda desinfectar obxectos como as lentes ou o móbil, para evitar a introdución do virus nos nosos fogares. Así o comunicou na guía que publicou o Ministerio de Sanidade para aquelas persoas que regresan o luns ao seu posto de traballo. Aínda que estas indicacións serven tamén para os que teñen que saír a mercar comida ou precisan algo da farmacia.

Para desinfectar correctamente estes obxectos, Sanidade indica que se fará cun pano desbotable e solución alcólica. E se non temos, con auga e xabón. 

E as chaves e a carteira, mellor nunha caixa preto da porta. O mesmo aconsellan para os zapatos, aínda que non precisan se é necesaria a súa desinfección.

Fóra da casa, a guía subliña a importancia de evitar tocar superficies, ollos, boca ou nariz. Así mesmo, cómpre manter unha distancia de entre un e dous metros; limpar frecuentemente o coche, incidindo nas superficies que máis se tocan; e lavar as mans  frecuentemente. Esta última é unha medida “máis eficaz” que o uso de luvas.

Se estivemos en ambientes pechados e en contacto continuado con persoas, Sanidade recomenda separar, sen sacudir, as pezas de roupa que se usaron, e non sacalas ata que se volvan utilizar ou lavalas con auga quente, lavando as mans despois.