A Ponte do Porto trata co Concello a situación do servizo de auga

1 minutes read

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, mantivo unha reunión ante 150 veciños e veciñas da Ponte do Porto para tratar a situación do servizo de auga xa que, a partir do 31 de agosto, deixará de prestar servizo a empresa “Aguas Vecinales de Ponte do Porto”. A partir de ahí o Concello será o que asuma a súa xestión, os interesados e interesadas en darse de alta na rede municipal só deben acudir á Casa do Concello xa que todos dispoñen nas súas casas das tubaxes e acometidas con con contador grazas a obra que levou a cabo o Concello hai 10 anos e que no seu momento supuxo un investimento de máis de un millón de euros. A documentación requirida para levar a cabo o trámite de alta será simplemente o recibo do IBI e o DNI do que vaia a ser o titular do servizo e o recibo da contribución da vivenda.