22
- Os gobernos locais comprométense a implantar os obxectivos en materia de clima e enerxía da Unión Europea
O Concello de Muxía adherirase ao pacto dos alcaldes polo Clima e a Enerxía, un pacto europeo no que se agrupan miles de gobernos locais que de forma voluntaria se comprometen a implantar os obxectivos en materia de clima e enerxía da Unión Europea.
O municipio muxián aproveitará a experiencia para desenvolver factores clave de cooperación, asegurando un patrón de actuación directamente impulsado polo contexto.