Un depósito de 800 metros cúbicos de auga situado na localidade de San Vicente do Mar, no Grove, rebentou este venres e, ademais de asolagar o baixo baleiro dun edificio próximo, provocou unha riada que arrastrou varios vehículos estacionados no lugar.
Trátase dunha zona moi empregada como segunda residencia, polo que moitas vivendas non estaban ocupadas nese momento. Non hai vítimas pero si cuantiosos danos materiais.
A aguga atravesou varios pisos, levando por diante paredes, mobles electrodomésticos e todo o que atopou ao seu paso. Tamén sofriron importantes estragos varios vehículos que foron arrastrados polo torrente, e que nalgúns casos saltaron muros ou acabaron empotrados contra as árbores.
Os bombeiros tiveron que inspeccionar a zona por medo a que algún dos inmobles afectados puidese derrubarse.