O Punto Limpo Móbil volve a estar operativo en Carballo

1 minutes read

Reactívase así a recollida de voluminosos, un servizo gratuíto a disposición dos veciños e veciñas que non poidan desprazarse ata o Punto Limpo do polígono industrial de Bértoa para depositar mobles, electrodomésticos, refugallos de obras domésticas, chatarra… en xeral, todos aqueles residuos que non teñen cabida nos colectores situados na vía pública.

As persoas que desexen utilizar o Punto Limpo Móbil deben chamar con antelación, ata as 14.00 horas do día anterior á recollida, ao teléfono 981 754 917. Unha vez realizada a comunicación, os enseres depositaranse o martes á noite no colector máis próximo. A recollida realizarase o mércores entre as 07:00 e as 13:40 horas.