32
Trátase dun novo caso de vivenda ocupada ilegalmente, nesta ocasión no municipio coruñés de Oleiros. Unha familia con dúas nenas e mais os avós entrou na casa situada no lugar de Perillo. A propietaria tiña avanzadas as negociacións para venderlla a un construtor e agora teme perder a transacción. Denunciou a situación ante a Garda Civil, pero ao haber menores non foi posible o desaloxo. Asegura que recibiu ameazas cando intentou acceder á casa que, segundo di, non reúne as condicións mínimas de habitabilidade.