O programa conta cunha inversión de 5,4 millóns de euros e contempla a execución de traballos de mantemento, reparación do firme e pavimentación ao longo do ano nos 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade nas estradas da provincia.
Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta con outro programa destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais. Dende 2017, as rozas das estradas provinciais son obxecto dun contrato independente do Plan de Conservación, co obxectivo de mellorar e axilizar este servizo no que se inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.
O orzamento dos programas de Conservación e de rozas das estradas provinciais suman un investimento duns 4.000 euros anuais por quilómetro para manter nas mellores condicións as estradas da provincia.