Falece un motorista en Coiro – A Laracha

1 minutes read
  • Dáse a circunstancia que un irmán seu estaba a ser velado no tanatorio, polo que se activou un protocolo de comunicación e atención á súa familia.

Segundo informa o 112 Emerxencias Galicia, sobre as cinco da tarde deste sábado tivo lugar unha saída da vía dunha motocicleta, Honda vtx1 1300, na parroquia larachesa de Coiro, co resultado dunha persoa falecida. Trátase dun home residente en Carballo de 45 anos, que caeu nun tramo recto sen motivo aparente. Ao lugar, na estrada DP-1913 – Km 7,9 acudiron a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil da Laracha, pero xa nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa accidentada, único ocupante da motocicleta.