Carballo | The Cerne pechará o Verán Cultural

1 minutes read

O venres 21 de agosto, ás 21:30 horas, soará na Rúa Jacinto Amigo Lera o grupo carballés The Cerne, que rende Tributo a The Creedence Clearwater Revival. Rock clásico fusionado con country de finais dos anos 60 cunha das formacións carballesas máis importantes.

The Cerne conta con 7 integrantes: 2 voces solistas, Fany e Lara; Manolo ao teclado, Fran toca o baixo e voces, á batería está Joaquin e tamén fai voces, e 2 guitarras, Jaime e Guillermo, que tamén colabora coas voces.

O acceso será gratuíto e por orde de chegada ata completar aforo.Será obrigatoria a desinfección de mans e o uso de mascarilla para todos os asistentes.