Detido un pai por negarse a poñer a máscara nun colexio

1 minutes read

Axentes da Policía Nacional tiveron que intervir no colexio CEIP San Pedro de Visma da Coruña, cando un home, pese ao requirimento do persoal do centro, se negou a pór a máscara polo que, segundo o relato do director, avisouse os axentes, que tamén lle solicitaron que o fixese. Con todo, desde o colexio explicaron que este se negou e colleu un bastón que estaba na zona de administración “e tentou agredir os axentes, que, ao final, o levaron esposado”. A dirección do centro denunciará o ocorrido e lamentou os feitos e o comportamento “bastante violento” do home nun inicio de curso que, segundo sinalou, estaba “a funcionar perfectamente” en canto ás entradas e saídas dispostas polo actual contexto de pandemia. Á marxe do sucedido, subliñou o feito de que non fose presenciado polos escolares e destacou o comportamento dos pais a pesar dos cambios introducidos.