Detectan 11 novos positivos na residencia Aspronaga de Oleiros

0 minutes read

A Consellaría de Política Social vén de informar das últimas cifras de casos activos da Covid-19 na rede de residencias de maiores e nalgunhas instalacións de atención a persoas con capacidades diferentes do país. A peor evolución á alza estase a vivir nunha infraestrutura xestionada pola Asociación de Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga), en Oleiros. Nas últimas horas tívose noticia de 10 novos contaxios entre xente beneficiaria desta instalación, así como dunha traballadora máis. Atendendo a este novo rexistro, hay un total de 47 persoas afectadas (10 delas pertencentes ao cadro de persoal).