16
A Concellaría de Deporte do Concello de Carballo iniciará o próximo sábado 5 de outubro a actividade da Escola de Natación 2020-21. Tras ter rematado o prazo de comunicación de baixas ou aprazamentos da participación para os nenos e nenas con renovación automática por ter participado no curso anterior, ata o 22 de outubro estará aberto o prazo para solicitar o cambio de grupo asignado ou o adiamento da participación, segundo as seguintes condicións:
- Na solicitude de cambio de grupo priorizaranse as solicitudes motivadas pola incompatibilidade co horario lectivo obrigatorio dos participantes e ca asistencia de irmáns, por esa orden, e a condición de que o cambio solicitado sexa posible atendendo ós criterios técnicos organizativos da actividade.
- Os participantes que opten por aprazar a participación e sigan sendo abonados ás instalacións deportivas municipais terán reservada a súa praza na Escola de Natación, podendo solicitar a reincorporación no curso 2021/22.
- As solicitudes de trocos de grupo e aprazamentos poden efectuarse vía rexistro telemático do Concello de Carballo, ó mail carballodeporte@carballo.gal ou presencialmente nas oficinas “Carballo Deporte” na rúa Vila de Corcubión S/N.