A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destituíu do goberno local a ata agora edil de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez Acón, tamén secretaria xeral do PSOE da cidade. Fontes do goberno municipal aseguran que a destitución responde á “nula” dedicación de Acón ás tarefas do goberno local. Deste xeito, estas fontes municipais xustifican a destitución ao criticar que, “a estas alturas do ano”, a súa concellaría ten unha execución orzamentaria do “16%”, o que fai “insustentable” que siga ocupando responsabilidades de goberno, “cunha dedicación exclusiva de 59.400 euros”. En cambio, a secretaria local do PSOE coruñés remitiu unha carta á militancia na que sostén que a decisión se debe a que reclamou “as achegas que o Grupo Municipal Socialista e algúns concelleiros deben ao partido”, cuxa agrupación local coruñesa vive “unha situación económica crítica” que lle impediu, entre outras cuestións, pagar o alugueiro da súa sede durante varios meses.
17