Venres 13, mal día para supersticiosos e para a comunicación na comarca

1 minutes read

Un venres que caia no día 13 de calquera mes considérase, igual que un martes, un día de mala sorte na maioría das culturas occidentais. Existen supersticións similares noutras tradicións; particularmente, en Grecia e nos países hispanofalantes. O certo é que a superstición cumpriuse este venres na comarca, polo menos tecnoloxicamente falado. Unha grave incidencia xurdida na estación base de Movistar en Carballo derivou na falta de repartición de fibra óptica (FTTH), unha tecnoloxía de comunicacións que permite alcanzar unha velocidade de descarga duns 100 megas por segundo, nos diferentes nodos da compañía e nas demais operadoras asociadas. A avaría non tería demasiada importancia (é algo parecido a un fusible de protección de alimentación) se non fóra que os equipos caídos atópanse protexidos baixo chaves especiais e encima fornecen de conexión de banda ampla da internet e telefonía móbil á maioría de concellos da Costa da Morte. Motivo polo que a avaría durou case seis horas. Pasadas as dúas da tarde o servizo foise restablecendo aos poucos con normalidade, á vez que o venres 13 íase xa consumindo. A incidencia provocou a inoperatividade do comercio electrónico en moitas tendas, bancos, supermercados e empresas en xeral da zona afectada, ademais de algún que outro cabreo.