Presentado o libro “Zas polo miúdo”

1 minutes read

O Centro Sociocultural de Zas acolleu a presentación do libro “Zas polo miúdo” no que se recolle información detallada das 16 parroquias que compoñen o municipio. Acompañada de máis de 400 fotografías, mapas e moitos outros datos fan que este libro se converta nun manual de consulta para toda a veciñanza. Xosé María Lema e Evaristo Domínguez Rial son os autores do libro xunto coa colaboración de Xosé Mª Rei Lema. Durante o acto de presentación do libro os autores encargáronse de facer un repaso polos datos máis importantes que se recompilan na publicación. Ademais dunha ardua investigación, apoiáronse en documentos de gran relevancia. Adiantaron que xa están traballando nunha segunda parte na que se recollerá a historia oficial do Concello de Zas a través das actas municipais.