20
Un traballador dunha nave industrial situada no polígono de Bergondo resultou ferido despois de sufrir unha descarga eléctrica e caer ao chan. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o operario foi trasladado nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido a través dunha persoa particular. Acto seguido, os xestores de Emerxencias 112 Galicia requiriron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil e Policía Local e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.