A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Corcubión recuperou unha “botixa de media arroba” en Cee. Os feitos ocorreron ao ter coñecemento os efectivos da mencionada Unidade a través da comunicación do patrón do buque pesqueiro “Tadima”,informando de que no aparello de pesca que largaran atopábase unha vasilla de aparencia antiga, a cal izaran a bordo.
A Garda Civil solicitoulle ao comunicante a realización e envío dunha fotografía da mesma para a súa remisión á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Tras a remisión das fotografías ao mencionado organismo, o seu persoal identificouna como unha “ botixa de media arroba”, pertencente a algún dos barcos afundidos da Armada ou da Armada de Intervención de Irlanda, datándoa como unha peza do ano 1.596 aproximadamente.
A Garda Civil fíxose cargo da mencionada peza para proceder á súa custodia ata a entrega á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.