Trátase dunha iniciatava posta en marcha pola Asociación de Empresarios de Santa Comba, que preside Alberto Romar Landeira, que conta coa colaboración do Concello de Santa Comba e que alcanza a súa XIV edición.
As novidades deste ano serán que contarán cun xurado profesional composto por tres Xalleiros:
•Caty López Negreira: Arquitecta de interiores
•Cristina Durán Arufe: Licenciada en historia da arte
•Javier Campos Vázquez: Estudio superior de interiores
Outro dos cambios será que os premios entregaranse en forma de vales de compra para mercar no comercio de Santa Comba, introducindo un cuarto premio “ Especial Redes Sociais”.
•Primeiro Premio: 450 euros en vales de compra
•Segundo premio: 300 euros en vales de compra
•Terceiro premio: 150 euros en vales de compra
•Premio especial redes sociais: 100 euros en vales de compra
