Oleiros | O Monumento Natural de Dexo contará cun aparcamento para 82 vehículos

0 minutes read

O Concello de Oleiros vai proceder á expropiación do solo necesario para crear un aparcadoiro público para 85 vehículos nun dos accesos ao Monumento Natural da Costa de Dexo e Serantes. O aparcamento vai estar situado entre as rúas Codes e Cisco, en Mera.

O Concello intentou chegar a un acordo co propietario do solo para a adquisición do terreo, que o Plan só permite usar para estacionamento de vehículos. Ante a negativa do particular a vender, o Concello vese obrigado a expropiar.