- A primeira celebrarase no Mercado de Abastos e a segunda terá lugar no Centro Comarcal de Buño
O Concello de Malpica acollerá este domingo unha doble sesión de teatro con Contos no mercado e Camiño da lingua. A primeira celebrarase no Mercado de Abastos ás 12:00 horas, e a segunda no Centro Comarcal de Buño a partir das 17:00 horas.
Na sesión matinal Alba Bermúdez, Vicky Pérez, Chus Álvarez e José Leis dividirán o espectáculo para grupos de cinco persoas e contarán varias historias.
En Camiño da lingua, Xan deberá superar unha serie de probas relacionadas co Camiño de Santiago para participar no concurso que leva o nome da propia obra.
Ambos espectáculos están recomendados para público familiar e contarán, en todo caso, con estritas medidas de seguridade e hixiene. De feito, será preciso reservar entrada a través do Facebook do Concello.