A Policía Local da Laracha súmase a campaña da DXT sobre control de alcol e drogas en condutores

1 minutes read

A Policía Local da Laracha intensificará esta semana o control sobre a taxa de alcol e a presenza de drogas nos condutores de vehículos. Deste xeito sumarase á campaña especial impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e que se desenvolverá desde este luns 7 ao domingo 13 de decembro.

Segundo os datos da DXT, o alcol está presente como factor concorrente ou desencadeante nun terzo dos accidentes mortais, multiplica ata por quince o risco de sufrir accidentes e repercute nunha maior mortalidade ao ser un factor vinculado cun peor prognóstico nas lesións sufridas.

Ademais, conducir despois do consumo de substancias psicoativas é un comportamento de extremo risco viario que se detectou en maior medida nas zonas urbanas que nas vías interurbanas, polo que o papel da Policía Local cobra aínda unha maior relevancia.

En definitiva, a campaña que está en marcha márcase por obxectivo concienciar sobre os efectos negativos que o consumo de alcol e drogas supoñen á hora de conducir un vehículo.