Aparece morto un veciño de Ponteceso desaparecido desde o luns

1 minutes read

Á primeira hora da tarde deste xoves foi localizado sen vida José Jesús Ures Blanco, un veciño do lugar de Pazos en Ponteceso, de 60 anos de idade, que vivía só e levaba en paradoiro descoñecido desde o pasado luns pola tarde, cando foi visto por última vez polo seu círculo máis próximo e a súa familia denunciou a súa desaparición. O seu corpo estaba nun alpendre dunha casa deshabitada do mesmo lugar, segundo fontes próximas, aforcado. Tras dar a alarma un veciño, ao lugar acudiu Protección Civil de Ponteceso e a Garda Civil, que permaneceron no lugar ata a chegada do forense e o levantamento do cadáver. José Jesús era unha persoa moi coñecida na zona, na que ninguén se explica que puido ocorrer. As forzas da orde investigan o suceso e o seu fatal desenlace.