19
- Realizáronse diferentes actividades desde as 11:30 horas da mañá
A praza do Concello na vila de Vimianzo acolleu este xoves o programa AgresiónOff 2020, onde maiores e pequenos realizaron diferentes actividades desde as 11:30 horas.
Ata as 17:00 horas desenvolvéronse obradoiros sobre os estereotipos de xénero, os mitos do amor romántico, a importancia da información que recibimos e transmitimos, actitudes dentro da parella, a imaxe que transmitimos a través das redes sociais, os riscos e as consecuencias do sexting e a violencia de xénero.
A actividade foi subvencionada integramente pola Xunta de Galicia.