Xornada negra con catro accidentes de tráfico nunha hora en Bergantiños

1 minutes read

O sinistro máis grave ocorrido este martes cobrouse a vida dun veciño do lugar do Ferradal, correspondente á parroquia de Bértoa en Carballo, tras ser atropelado por un turismo na estrada xeral AC-552 minutos antes das 12:30 horas. Case a mesma hora tivo lugar outro aparatoso accidente na estrada AC-414, no lugar do Empalme, en Buño. Alí un turismo saíuse da súa traxectoria chocando violentamente contra outro que estaba estacionado na beiravía, por sorte o único ocupante do turismo resultou ileso. Tras o aviso do 112, ao lugar acudiron unha Ambulancia do 061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Carballo ademais do GES de Ponteceso, que se fixo cargo da limpeza da vía. Minutos máis tarde, segundo Emerxencias, tiveron lugar dous accidentes en Carballo con só danos materiais, o primeiro na confluencia das rúas Pontevedra e Baños Vellos, e o seguinte na rúa Mirtos. Cabe extremar a precaución, en parte, debido ao mal tempo que estamos a ter e que dificulta as condicións idoneas do estado das estradas para a conducción.