O comité clínico que asesora á Xunta respecto da evolución do coronavirus decidiu que Fisterra pase ao nivel medio alto de restricións, que leva tamén o peche perimetral. Ademais, supón a apertura da hostalaría cun 30% de ocupación interior e un 50% no exterior, ata as 17.00 horas e cun grupo máximo de catro persoas, convivientes ou non. As reunións sociais permítense cun límite de catro persoas non convivientes. Pola contra, suavízanse as limitacións en Coristanco, Laxe, Carballo e Ponteceso, co cal recuperan a mobilidade. Ademais, a hostalaría poderá abrir ao 50% da súa capacidade no interior e ao 75% no exterior, ata as 23.00 horas. As agrupacións de mesas poderán ser de ata seis persoas e as reunións poderán ser dun máximo de seis persoas convivientes ou non.
28