Os Estados Unidos confirman a eficacia e a seguridade da vacina de Moderna. Previsiblemente este xoves será xa autorizada co que a vacinación podería empezar a administrarse nos próximos días. A de Moderna será a segunda vacina dispoñible nos Estados Unidos que desde este luns xa inoculan a de Pfizer, coa maior campaña de vacinación que se lembra no país co obxectivo de acabar coa pandemia da COVID-19. Os sanitarios que están na primeira liña da fronte son os primeiros en recibir a vacina de Pfizer, que obtivo o visto e prace da FDA o pasado venres. Tras ser inoculado no Centro Médico Xudeu de Nova York, o doutor O Dr. Yves Duroseau, xefe de medicina de emerxencia do Hospital Lenox Hill, afirmou que sentía ben e quixo dar as grazas. Esta semana, os Estados Unidos superaron os 300.000 mortos por covid.
26