Vimianzo | Formalizado o convenio das tarxetas de pago dos Vimi-Bonos

1 minutes read
  • O prazo para adherirse a esta iniciativa remata o 23 deste mes

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, formalizou este mércores o convenio coa entidade bancaria que emitirá as tarxetas de pago dos Vimi-Bonos. A rúbrica tivo lugar no Salón de Plenos entre a rexedora e os representantes de ABANCA: Vanesa González Romero e José Manuel Vilariño Orgeira.

Desde o Concello lembran que o prazo para adherirse a esta iniciativa remata o 23 de decembro, e que as compras poderán facerse ata o 30 de xaneiro de 2021, data na que deixará de estar activa a tarxeta, que conta con 25 euros.

Mónica Rodríguez quixo agradecer “a todos os departamentos implicados na iniciativa e ao persoal da entidade bancaria na celeridade das tramitacións para que esta acción puidese estar activa o antes posible”, e agarda que “nun contexto tan complexo isto sirva como pulo para a reactivación económica do noso tecido comercial e hostaleiro”.