O Parlamento Europeo aprobou o orzamento plurianual da Unión Europea, desbloqueando ao mesmo tempo o Fondo de Recuperación poscoronavirus. Ambas as partidas levaban un mes bloqueadas, xa que a Eurocámara esixía a inclusión dun mecanismo que vinculase as axudas europeas ao respecto do Estado de dereito. E dous países, Hungría e Polonia, ameazaba con impoñer o seu veto se saía adiante. Finalmente, tanto a Eurocámara como os dous países implicados senten que contan coas garantías necesarias. Polonia e Hungría lograron arrincar unha concesión durante o cume de xefes de Estado e de Goberno da semana pasada: as sancións non se aplicarán ata que o tribunal de Xustiza da UE aprobe o novo mecanismo. Os eurodeputados confían en que grazas á condicionalidade as regras do xogo cambien en moitos sentidos. Agora a prioridade é aprobar os plans nacionais relativos ao Fondo de Recuperación para que os primeiros desembolsos poidan empezar a chegar canto antes.
25