Os Reis Magos percorrerán durante dous días as parroquias da Laracha

1 minutes read
  • Este ano non se lanzarán caramelos desde as carrozas e tampouco se celebrará a festa infantil no instituto

Melchor, Gaspar e Baltasar, os Reis Magos de Oriente, percorrerán as trece parroquias do Concello da Laracha nunha cabalgata que durará dous días, e que terá lugar o lunes 4 e o martes 5 de xaneiro.

Promo Reis Magos, A Laracha.

Debido ás actuais normas sanitarias, este ano non se lanzarán caramelos desde as carrozas, e os rapaces non poderán interactuar coas Súas Maxestades. Tampouco poderá levarse a cabo a festa infantil no pavillón do instituto de secundaria.

Aínda así, os nenos si que poderán achegarse á rúa para saudar aos tres reis durante o seu percorrido, que está previsto da seguinte forma: