A área de Turismo da Deputación da Coruña percorre a través dunha serie de vídeos os 956 km de costa da provincia, dentro da súa campaña de promoción turística. O obxectivo é difundir un dos principais recursos da provincia con imaxes do litoral desde Ortegal até Rianxo.
A Costa da Morte é protagonista no terceiro dos vídeos desde Caión, Baldaio, Razo, Malpica coa produción que mostra a espectacular costa, un dos principais atractivos dos xeodestinos turísticos da Coruña.
Desde Malpica a Cabo Fisterra, pasando por Praia de Seaia, Santo Adrián do Mar, Illas Sisargas, Punta Nariga, O Roncudo, Corme, Esteiro do Río Anllóns, Laxe, Praia de Soesto,Traba, Camelle, Praia do Trece, Monte Branco, Cemiterio dos Ingleses, Cabo Vilán, Camariñas, Punta da Barca, Cabo Touriñán e Nemiña son as imaxes que se inclúen no cuarto dos vídeos que se adentra na Costa da Morte, territorio que se completará no quinto audiovisual con imaxes de Fisterra, Castelo de Cardeal, Corcubión, Caneliñas, Monte Pindo e O Ézaro.