22
- Entre outros puntos valorouse a orixinalidade, a calidade artística e a eficacia comercial
Este venres entregáronse os premios do concurso de Escaparates de Nadal 2020 no Concello de Coristanco. Peluquería Patricia conseguiu o primeiro posto, seguida por Manualidades As Fías e Peluquería Berta.
Os puntos clave á hora da valoración foron a orixinalidade, a calidade artística, a iluminación, o esforzo e a eficacia comercial.
Os concursantes Agro-Xardín Riveiro, Salón Lorena Varela e Farmacia Catrain tamén recibiron un agasallo pola súa participación.