Portugal confínase polo menos un mes

1 minutes read

Portugal non está para bromas, o primeiro ministro António Costa admitiu que se aplicará un confinamento xeral durante polo menos un mes para frear unha terceira onda da pandemia de coronavirus, que está a ser máis severa que as anteriores no país. Costa sinalou que, ante a “fortísima dinámica de crecemento” que vive a pandemia en Portugal, superando a barreira dos 10.000 contaxios diarios en varias xornadas e 120 mortos ao día, a “única forma” de frear os contaxios é un novo confinamento similar ao que se aplicou durante a primeira onda, aínda que esta vez as escolas manteríanse abertas.