Negreira e A Baña reciben apoio para diferentes actuacións medioambientais

0 minutes read

Trátase de diferentes actuacións levadas a cabo nestes dous concellos ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. A través desta liña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, o Goberno galego investiu nestes concellos máis de 89.000 euros.

Concretamente no municipio de Negreira executouse un proxecto de renovación das instalacións do alumeado público exterior para a mellora eficiencia enerxética que contou cunha achega de máis de 65.000 euros e neste mesmo municipio, compartido con A Baña, adquiriuse un vehículo ecolóxico e eficiente cunha axuda da Xunta de 24.850 euros.