A área de Turismo da Deputación da Coruña destina case 1 M€ á mellora da calidade do sector

1 minutes read

Faino a través dun programa de axudas dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos. As subvencións poderán ser de até 220.000 € e o obxectivo é contribuír á mellora da calidade e a competitividade co fin de recuperar o sector afectado pola pandemia. O obxecto da convocatoria é o financiamento de actividades en materia de calidade, competitividade, organización de eventos e iniciativas turísticas.

O deputado responsable de Turismo, Xosé Regueira, afirma que a colaboración co sector é fundamental para saír da crise. “Desde a área de Turismo traballamos man a man cos entes de xestión para a promoción dos distintos xeodestinos con liñas de actuación conxuntas que aproveiten os recursos para a promoción dos distintos destinos da provincia”. “Desde a Deputación da Coruña queremos contribuír a que esa conexión e traballo conxunto sexa produtivo”, destaca Xosé Regueira, quen fai especial fincapé no interese da nova edición da convocatoria dirixida á mellora da calidade do sector.