O alcalde de Santiago, designado representante da FEMP no Foro Local para a Axenda Urbana Española

1 minutes read

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, foi designado polo pleno da FEMP, a Federación Española de Municipios e Provincias, como representante no Foro Local para a Axenda Urbana Española. O rexedor agradeceu o nomeamento, e manifestou o compromiso do concello cun desenvolvemento sustentable, no que primen aspectos como o medio ambiente, a mobilidade, ou a eficiencia na xestión dos recursos públicos. Este Foro xurde do convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a FEMP para a efectiva implementación da Axenda Urbana Española e dos proxectos levados a cabo por ambas partes no marco das súas actuacións e dentro do ámbito das súas respectivas competencias, asinado o 21 de xullo de 2020. Un convenio que ten por obxecto a posta en común das actuacións que se están desenvolvento por ambas partes, compartir experiencias e boas prácticas, e no seu caso, aprobar iniciativas no marco da Axenda Urbana Española (AUE).