- O prazo para usar estes vales remata o vindeiro día 31 de xaneiro de 2021
O Concello de Vimianzo xa tramitou máis de 5.000 solicitudes de adhesión ao programa Vimi-Bonos, a través do cal a veciñanza empadroada na vila poderá facer o gasto destas tarxetas electrónicas cargadas con 25 euros cada unha. O prazo para usalas rematará o vindeiro día 31 de xaneiro.
Segundo explican desde o goberno local, a maioría das persoas posuidoras desta tarxeta fixeron as súas compras nos comercios minoristas do municipio, sobre todo no relacionado co téxtil, zapaterías ou xoguetes.
A intención do goberno local mediante esta iniciativa non foi outra que “intentar reactivar o tecido comercial e hostaleiro de Vimianzo, nun contexto de peche perimetral e ante un contexto sanitario que están a dificultar enormemente o desenvolvemento habitual da vida económica no noso municipio”, comenta a alcaldesa, Mónica Rodríguez.