Calvo revoluciona o envase do atún

1 minutes read

O Grupo Calvo, unha das conserveiras máis importantes do mundo, con sede en Carballo, vén de presentar “Vuelca fácil”, un proxecto de innovación que permite facer unha lata moito máis sinxela de usar. Unha verdadeira revolución do sector, baixo a marca rexistrada “Reel Peal”.

Nunha peza audiovisul á medida varios traballadores e traballadoras da compañía explican con detalle como se chegou á elaboración e produción deste invento “revolucionario”. Foron máis de 4 anos de desenvolvemento e un cambio radical no proceso de transformación da planta carballesa, que semella vai dar os seus froitos, como xa fixo no seu día cando cambiou a xeometría ovalada tradicional da lata por unha lata redonda.

Envase innovador e xusto, aceite xusto e calidade máxima. Así será o novo invento que marcará tendencia no enlatado da conserva, para o que o Grupo Calvo vén de investir en maquinaria e tecnoloxía 30 millóns de euros.