Histórico de casos por covid en lugares como Carballo 293 ou A Laracha 114

2 minutes read
  • A enfermidade levouse por diante, en poucas horas, a un veciño de Langueirón en Ponteceso, con só 46 anos e sen ningún tipo de patoloxía previa.
  • A residencia DomusVi de Carballo, suma 18 casos novos e pasa a ter máis de 80 positivos.

Estes són os últimos datos ofrecidos polo Sergas este sábado. A Costa da Morte achégase aos mil casos, onde Carballo está á cabeza con 293. Este sábado realizouse un cribado masivo en Laxe, á espera dos resultados tras esas últimas probas, Laxe conta con 36 casos positivos. De seguido o Concello con máis infectados na zona segue a ser Vimianzo con 86. Con este panorama sería de esperar que este luns se tomen medidas máis drásticas en varios municipios da Costa da Morte por parte do Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia. De momento lembramos que nestes Concellos a hostalería poderá estar aberta ata as 18:00 horas co 50% do aforo no exterior e agrupacións de máximo 4 persoas, queda restrinxida a mobilidad nocturna de 22:00 a 6:00 horas, limitacións especiais de mobilidade e peche de establecementos comerciais ás 21:30 horas. Con todo, houbo un ascenso importante dos positivos na residencia DomusVi de Carballo, que suma 18 casos novos e pasa a ter máis de 80 positivos. Sería a segunda de Galicia con maior número de infectados.

Este sábado foi incinerado un veciño de Ponteceso, contaba con só 46 anos e non tiña patoloxías previas

José Ramón García Díaz, que así se chamaba, comezou a ter tose e a sentirse mal, foi trasladado en ambulancia a un hospital coruñés, aparentemente non parecía nada grave, pero a cousa comezou a complicarse, foi necesario o seu ingreso e intubación, ás poucas horas acabou falecendo. José Ramón foi velado no Tanatorio San Antonio de Carballo, a súa familia e achegados están consternados, deixa viúva e dous nenos, ademais de sete irmáns.