Vimianzo | Incendio no parque eólico de Serramo

0 minutes read

O 112 Emerxencias Galicia trasladou a incidencia á última hora da tarde deste sábado. Tratábase dun incendio na sala de máquinas do parque eólico que a empresa Natugy posúe na parroquia vimiancesa de Serramo. Ao lugar trasladáronse de inmediato unha patrulla da Policía Local e unha dotación dos Bombeiros de Cee. Estes últimos foron os encargados da extinción do lume. Non hai que destacar danos persoais, pero si importantes danos materiais nas instalacións do parque.