Malpica | En marcha as obras de mellora na capa de rodadura en varios camiños municipais

1 minutes read
  • As intervencións terán lugar nos camiños de Raxeira a Tremoa, no de Leduzo e no de Filgueiras a Loroxo

O Concello de Malpica iniciou as obras de mellora na capa de rodadura en varios camiños do termo municipal. Concretamente, intervirase nos camiños de Raxeira a Tremoa, no de Leduzo e no de Filgueiras a Loroxo, situados nas parroquias de Leiloio, Cambre e Cerqueda. Contarán cun orzamento de 154.634,31 euros.

En termos xerais os traballos consistirán na limpeza de cunetas, no bacheo do firme asfáltico e no pintado das marcas viais correspondentes. Ademais analizaranse as intervencións nas arquetas, tapas e sumidoiros.

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, destaca que “a través desta intervención conseguiremos unhas infraestruturas de calidade para a veciñanza e tamén un incremento na seguridade viaria”.