Ferido un motorista nunha colisión cun turismo en Muxía

0 minutes read

Os bombeiros do parque provincial de Cee foron requeridos nun accidente entre un coche e unha moto na estrada DP-2303 á altura de Coucieiro, Muxía.

O condutor da moto resultou ferido e foi trasladado en ambulancia ao hospital de Cee.

Os bombeiros do parque provincial de Cee colaboraron co persoal sanitario e realizaron tarefas de limpeza da estrada.