Xornada sobre lactación materna e actividades varias en Carballo arredor do Día do Mercado, que se celebra o 31 de maio

1 minutes read

A Concellaría de Feiras e Mercados ten programadas unha serie de actividades encamiñadas a poñer en valor a oferta comercial pero tamén a dar a coñecer os novos servizos que ofrece o mercado municipal.

O xoves 29 realizarase a presentación da nova sala de lactación, un recurso que utilizan moitas mamás pero que aínda é descoñecido para moitas outras. E ademais de dar a coñecer o equipamento do espazo e as normas de uso, en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade complementarase a xornada cunha charla de Fátima Varela Basalo, matrona e asesora internacional de lactación, que falará sobre distintos aspectos relacionados coa lactación e sobre os recursos públicos dispoñibles para as nais e as familias.

A charla empezará ás 17.00 horas no hall do mercado (acceso pola Gran Vía), con acceso libre e de balde para todas as persoas interesadas.

Outras actividades

  • Día 3 (Sala de formación – 17.00 horas). Taller de herbas de San Xoán. Dentro da Semana do Medio Ambiente inclúese unha actividade que anticipa a chegada das festas patronais, na que se contará co Grupo Naturalista Hábitat para aprender a identificar e coñecer as características das herbas de San Xoán. Pincha aquí para inscribirte
  • Día 9 (Sala de formación – 17.00 horas). Intelixencia emocional. Recuperase a actividade do programa MercaEscola que non puido levarse a cabo por mor do apagamento eléctrico do día 12. Aprenderase a recoñecer as nosas propias emocións e as dos demais e a poñer nome aos nosos sentimentos.
  • Día 16 (Sala de formación – 17.00 horas). O coidado das plantas no fogar. Aprenderase a escoller as máis axeitadas e como coidadas coa enxeñeira técnica agrícola e paisaxista Carmen Alonso.