O Club Salvamento Acuático Laracha participará activamente este sábado no Día do Deporte

2 minutes read

O Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) participará activamente este sábado 7 de xuño na 15ª edición do Día do Deporte da Laracha, organizado polo Concello. Durante a xornada, o club levará a cabo actividades formativas, demostracións deportivas e obradoiros abertos á cidadanía, contribuíndo á prevención de afogamentos e á promoción dun estilo de vida activo e responsable.

Talleres e demostracións abertas ao público

Entre as 10:00 e as 13:30 horas, na praza Les Sables d’Olonne, os monitores e socorristas do club impartirán sesións prácticas e educativas sobre:

  • Reanimación Cardiopulmonar (RCP)
  • Manobra de Heimlich ante atragantamentos
  • Prevención de afogamentos e condutas seguras no medio acuático, en apoio á campaña nacional #StopAhogados
  • Demostracións técnicas do salvamento deportivo, tanto de praia como de piscina
  • Información sobre formación como socorrista, valores do club e itinerarios educativos

Estas actividades están dirixidas a todas as idades e teñen como obxectivo capacitar á poboación para actuar con eficacia en situacións de emerxencia, así como fomentar a cultura da prevención.


Contan co respaldo institucional das federacións

O Club Salvamento Acuático Laracha conta co apoio da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo (RFESS), que colabora na campaña #StopAhogados proporcionándonos material visual de concienciación e difusión.

Ademais, agradecen á Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (FESSGA) a súa colaboración por facilitarnos material técnico e de primeiros auxilios, imprescindible para realizar as prácticas e simulacións durante a xornada.

As federacións que os avalan están a acompañalos e animalos en todas as accións de prevención, formación e visibilización que están a desenvolver no club e na comunidade.


Un deporte completo, con múltiples disciplinas

O salvamento deportivo combina resistencia, velocidade, técnica, capacidade de reacción e habilidades de primeiros auxilios. Ao longo do evento, explicaranse as distintas probas oficiais nas que compiten os nosos socorristas, tanto en piscina como en praia:

En piscina:

  • 100 m. Socorrista
  • 100 m. Remolque de maniquí con aletas
  • 200 m. Supersocorrista
  • 50 m. Remolque de maniquí
  • 200 m. Obstáculos
  • 100 m. Combinada de salvamento
  • Relevos por equipos (combinado, obstáculos, tubo de rescate, etc.)

En praia:

  • Carrera con táboa de salvamento
  • Ocean (carreira, natación, táboa  eski)
  • Sprint de praia
  • Bandeiras
  • Sky surf lifesaving
  • Relevos por equipos (rescate tabla, tubo de rescate, tríada, ocean, sprint)

Estas probas, moitas delas utilizadas tamén na formación profesional de socorristas, poñen de manifesto que o salvamento é un deporte completo, útil e transversal, ideal para todos os perfís e idades.


Un club con valores e compromiso

O SAL non só forma deportistas, senón tamén cidadáns comprometidos coa súa contorna. A súa visión educativa e social inclúe:

  • Inclusión e igualdade real de xénero
  • Formación desde idades temperás
  • Educación ambiental e conservación de praias
  • Promoción da seguridade acuática como dereito universal

O club conta coa colaboración dunha enfermeira voluntaria colexiada, que reforza a seguridade nos adestramentos e actividades abertas ao público.


Convidan a toda a veciñanza a participar

O stand do club estará aberto a todas as persoas que desexen coñecer, practicar ou aprender máis sobre esta disciplina e recibir formación en técnicas que poden salvar vidas.