Ferido un traballador tras quedar atrapado entre un camión e un muro en Ponteceso

1 minutes read

O ferido sufría unha forte dor no peito, malia que foi liberado de inmediato. Ocorreu pouco antes das once desta mañá na parroquia de Tella, en Ponteceso, segundo a información facilitada por unha persoa particular que chamou ao 112 Galicia.

Esta comunicación foi suficiente para poñer en marcha un operativo de emerxencias, do que formou parte un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiu ao lugar dos feitos a bordo do helicóptero con base en Santiago.

Ademais, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e, tamén, aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Cómpre indicar que o ferido manifestaba unha forte dor no peito debido a que foi aplastado polo gato do camión e quedou atrapado entre o vehículo e un muro.